Principal España | País Vasco | Internacional Pensamiento autónomo Antimúsica |
Xénova: A verdade sobre o asasinato de Carlo Giuliani
Agradecimientos especiales a la Confederación Intersindical Galega (CIG) por su colaboración
|
||
1. A Vítima - Carlo Giuliani, 23 anos. Vivia nun edifício okupa en Xénova e traballaba co Centro Social do Noreste. Levaba-se ben con seus pais, aos que lles dixo que posibelmente non iriaás manifestacións e que en vez diso marcharia para a praia. Tiña antecedentes penais por insultar a un oficial de policia. |
2. O coche
policial chocara contra un colector de lixo de metal envorcadoa unha
beira da rua. Acontecen duas cousas: por unha banda, os manifestantes
achegan-se ao veículo, e por outra ve-se claramente o extintor,
que é guindado contra eles pola xanela traseira rota. |
|
|
3. O manifestante
da esquerda que leva a sudadeira azulada fai o acenode estar a ponto
de lanzar unha pedra. O carabineiro de atrás, que tiñaa
pistola fóra da xanela traseira, aponta para el. |
4. O manifestante
da sudadeira azulada viu que o policia apontaba parael pistola e tenta
afastar-se do coche policial. |
|
|
5. Aqui vemos como o manifestante da sudadeira azulada xa caíu. Os do taboleiro parecen estar listos para fuxir (sacaro-no da xanela e derona volta). Carlo Giuliani dá en levantar o extintor no momento en que seria visto por primeira vez con claridade polo policia da pistola. Este éo intre en que se efectua o disparo. |
6. Foto
5 ampliada. Carlo está a mirar posibelmente para o policia que
aponta para el. Ten o extintor nas suas mans xusto diante da sua cara.
Até este momento non parece que fose lanzá-lo, xa que
a posición dos seusbrazos é mais defensiva que ofensiva.
|
|
|
7. Carlo
cae ao chan. O sangue está a sair do seu ollo esquerdo, aparentemente
o lugar de entrada da bala. A forza da bala fixo que virase antes de
cair. Segundo algunhas versións recebeu dous disparos (outrona
fronte). |
8. A parte dianteira do Land Rover está ainda empotrada contra o colectorde lixo. Os manifestantes foxen ante a posibilidade de que o policia siga disparando. |
|
|
9. O condutor dá marcha atrás virando o volante, e a roda traseira pasa por riba do estómago de Carlo. |
10. O coche
policial avanza volvendo a pasar por riba de Carlo, estavez por riba
das coxas. |
|
|
11. Neesta ampliación podemos ver que o orifício de entrada da bala éo ollo ezquerdo, e o probábel de saída atrás da sen esquerda. |
12. Vários manifestantes corren cara a Carlo e tentan evitar que se desangre. Xa verteu máis dun litro de sangue por fóra, e seguramentemoito máis dentro da cavidade cranial. |
|
|
13. Alguén puxo a Carlo o que poderia ser unha chaqueta. Os enfrontamentos continuan, e un manifestante tenta retirar do médio o corpo de Carlomentres outro aparentemente lle recrimina a falta de coidado. |
14. Alguén
puxo un pano ou venda baixo a cabeza de Carlo. |
|
|
15. Cando os policias conseguen formar un cerco ao redor do corpo deCarlo, achega-se o persoal sanitário. Desviste-no desde a cintura e sacan-lleo pasamontañas. Xa non se pode facer ren. Unha enfermeira leva as mansá cabeza en atitude de desesperación. Aqui tamén se pode observar un orifício na fronte, posibelmente lugar de entrada da outra bala. |
16. Policias e carabineiros observan con indiferenza o corpo de Carlo. Podemos ver como o estómago e as coxas están afundidos por efeito do atropelo. |
|
Roten Hilfe Göttingen/La Haine |
Kolectivo
La Haine
|